Friday 19 de April de 2024

Trenor participa na inaguración da II Feira Playmobil que se clebra esta fin de semana en Curtis


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, participou na inauguración da II Feira do Playmobil organizada pola Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil (Aesclick) en colaboración co Concello de Curtis.

Con esta II edición, o municipio consolídase como unha cita indispensable para os amantes e coleccionistas das figuras de Playmobil. Trenor lembrou o atractivo desta cita festiva que comezou o venres e que se prolongará ata o domingo no recinto feiral de Curtis con entrada libre e cun amplo programa de actividades A pasada edición contou con máis de 5.000 asistentes.